viernes, 13 de marzo de 2020

Aproveitemos a oportunidade para ler!

Somos 861 socios e socias na biblioteca municipal de San Sadurniño. Algúns datos non están actualizados. Renova o teu carnet chamando ao teléfono 652814144 (horario de 16:30 a 21 h.) ou escribindo un correo electrónico á seguinte dirección anagavinmerlan@gmail.com e terás a túa clave de acceso para descargar libros electrónicos, audiolibros ou revistas na plataforma de Galiciale
Solicita a túa clave de acceso na nosa Biblioteca.
Ler nunca foi tan fácil!

O virus poderá illarnos pero non deternos, non deixedes de ler. Seguimos lendo
Desde calquera dispositivo:
Todo vale! ordenador, e-reader, tablet, teléfono movil...tanto con conexión como sen ela

Que é GaliciaLe?


GaliciaLe é a plataforma de préstamo de libros, revistas, audiolibros e películas en formato electrónico das bibliotecas públicas galegas que ten por obxectivo facilitar o acceso de toda a cidadanía á cultura.
GaliciaLe proporciona un servizo de préstamo temporal de obras en formato dixital de temáticas diversas no que os intereses de todas as persoas lectoras terán o seu espazo (ficción, informática, historia, ocio etc.) e todas as idades o seu lugar.
En GaliciaLe o lector atopará dous catálogos: un que contén o “Catálogo galego” e outro que aloxa o “Catálogo en castelán”. As obras incluídas nestas dúas contornas poderán lerse e visionarse en dispositivos compatibles: tabletas, teléfonos móbiles e ordenadores persoais. No caso dos libros, poderá facelo, ademáis, desde un lector de libro electrónico.

Que precisas para ser usuario/a de GaliciaLe?


Para poder acceder a GaliciaLe cómpre:
  • Ser usuario/a dunha das bibliotecas da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia. En caso de que non dispoñas de carnet, podes dirixirte á nosa biblioteca e solicitar o teu por teléfono ou correo electrónico.
  • Ter un dispositivo compatible (tableta, ordenador persoal, lector de libro electrónico, teléfono móbil etc.) e unha conta de correo electrónico.

viernes, 30 de agosto de 2019

Servizo de préstamo de libros electrónicos



Solicita a túa clave de acceso na nosa Biblioteca.
Ler nunca foi tan fácil!
Co teu carné de biblioteca:
Só necesitas o carné de socio para acceder a ebooks, revistas e audiolibros
Desde calquera dispositivo:
Todo vale! ordenador, e-reader, tablet, teléfono movil...tanto con conexión como sen ela

Que é GaliciaLe?


GaliciaLe é a plataforma de préstamo de libros, revistas, audiolibros e películas en formato electrónico das bibliotecas públicas galegas que ten por obxectivo facilitar o acceso de toda a cidadanía á cultura.
GaliciaLe proporciona un servizo de préstamo temporal de obras en formato dixital de temáticas diversas no que os intereses de todas as persoas lectoras terán o seu espazo (ficción, informática, historia, ocio etc.) e todas as idades o seu lugar.
En GaliciaLe o lector atopará dous catálogos: un que contén o “Catálogo galego” e outro que aloxa o “Catálogo en castelán”. As obras incluídas nestas dúas contornas poderán lerse e visionarse en dispositivos compatibles: tabletas, teléfonos móbiles e ordenadores persoais. No caso dos libros, poderá facelo, ademáis, desde un lector de libro electrónico.

Que precisas para ser usuario/a de GaliciaLe?


Para poder acceder a GaliciaLe cómpre:
  • Ser usuario/a con carné dunha das bibliotecas da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia. En caso de que non dispoñas del, podes dirixirte á nosa biblioteca e solicitar o teu carné.
  • Ter un dispositivo compatible (tableta, ordenador persoal, lector de libro electrónico, teléfono móbil etc.) e unha conta de correo electrónico.

lunes, 22 de abril de 2019

ABRIL MES DO LIBRO. BIBLIOTECA PÚBLICA



CAMPAÑA “LIBROS PARA SERMOS LIBRES”
O día 28 de abril na Feira da Plantación, ás 11 da mañá, agasallo simultáneo en 29 concellos de máis de 200 libros. Campaña “Libros para sermos libres” da Deputación da Coruña.
O día 29 de abril ás 10 e media actividade dirixida a nenos e nenas de 1º, 2º e 3º de primaria
MAGO DEIMI”: A MAXIA ESTÁ NOS LIBROS
Actividade de maxia a cargo do Mago Deimi na que os protagonistas son a Biblioteca e os libros. Números de maxia sorprendentes para interaccionar cos rapaces e que  estes entendan a lectura como experiencia máxica e chea de ilusión.
Aparición de moedas dentro de libros, libros que se colorean  por arte de maxia, carta debuxada maxicamente nun bloc, peixe ilustrado que se converte en real, predición de libros que hai agochados pola Biblioteca, xornal que se rompe e recompón de novo, auga que desaparece dentro dun xornal...
Ao tempo que se entretén aos rapaces con ilusionismo transmíteselle o valor dos libros e anímase á lectura: ler fainos saber, a lectura fai desaparecer a ignorancia, le constantemente e adestrarás a túa mente, lectura e humor fan o mundo mellor...
Todo o anterior aderezado con grandes doses de humor.
Ás 12 e media o espectáculo Cantamos? Con Luís Vallecillo dirixido a nenos e nenas de Educación Infantil.
CANTAMOS ? / LUÍS VALLECILLO
Un espectáculo de pequeno formato para cantar e xogar con divertidas cancións do seu novo Audio-libro. Unha proposta divertida e participativa.

miércoles, 20 de febrero de 2019

DÍA DE ROSALÍA






     Con motivo da celebración do día de Rosalía, o 24 de febreiro, a Biblioteca Publica
Municipal de San Sadurniño regalará aos usuarios e usuarias que leven un libro en galego en préstamo, un libro e unha flor. Será o luns 25 e este día terá lugar unha nova reunión do club de lectura no que veremos e escoitaremos, a través de internet, unha conferencia de María do Cebreiro titulada: Rosalía de Castro: angustia e infinito. Obsequiaremos ás integrantes do club tamén cun libro e unha flor

lunes, 11 de febrero de 2019

ACTIVIDADES NA BIBLIOTECA PÚBLICA

 
O luns  4 de febreiro empezamos coas visitas á Biblioteca

 Municipal dos nenos e nenas do C.P.I. Hoxe baixaron os de 5º de  

Educación infantil. Pasámolo moi ben con dous contos

proxectados na pantalla do salón de actos. Co primeiro "¿Que tal 

estás? descubrimos as nosas emocións. Aburridos, 

contentos, tristes...

Un libro sobre a expresión das emocións infantís a base de 

palabras e imaxes sinxelas, xogos cromáticos e tipográficos que 

favorece o autocoñecemento e a socialización dos máis pequenos. 

E co segundo titulado "¿Quen salta?" pensaron e riron... As ras 

saltan, os coellos saltan, as vacas saltan ... ¿As vacas saltan?  

porque tamén é un libro divertido e instructivo: O libro ten grandes 

ilustracións e vivas cores. A continuación subimos á sala de lectura 

e entramos en contacto con moitos libros: Pasamos unha hora 

máxica!


viernes, 25 de enero de 2019

PREMIOS RETO LECTOR 2018

Onte fixemos entrega dos premios do reto lector 2018 e do reto de búsqueda de información "Lendo polos corredores".
Os gañadores foron: Adrián Fernández Cibreiro, Brais Fernández Cibreiro e Alba Fernández Taboada en categoría infantil. Dolores Breijo Fuentes y Elena Leal García en categoría de adultos.
Os gañadores do premio de investigación:
Alba Fernández Taboada e Adrián Fernández Cibreiro.
Noraboa a todos e todas.

martes, 23 de octubre de 2018

O 24 de outubro celebramos o día da Biblioteca



O mércores, a partir das 10.30 h. na Casa da Cultura, celebrarase o espectáculo musical infantil ‘Contos para un mundo mellor‘, a cargo de Gloria Mamá Cabra e Diego Maceiras dirixido a menos e nenas de 3º e 4º de primaria.
Diego Maceiras (acordeón) e Gloria Mosquera contan varias historias con música e cancións, nas que se tratan temas como o medo, o coidado da natureza, o acoso escolar, o saber dicir NON… facendo reflexionar sobre a importancia da empatía, da prudencia, da superación persoal, da cooperación e  da responsabilidade como necesarios mecanismos de PAZ e FELICIDADE.